A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle.
O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor trocou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? E, no fondo, unha pergunta: Cando foi que nos equivocamos? En que momento derrubou a nosa torre de marfil?
A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle.